A Plataforma Galiza con Catalunya, que se creou hai tres anos para apoiar o camiño democrático de Catalunya para poder decidir o seu futuro, reactívase días antes do 25 de xullo, Día da Patria galega. Anunciouno un dos seus membros, Óscar Valadares, quen explicou que nela participan organizacións diversas e que aspiran a medrar nestes días vindeiros.
A Plataforma Galiza con Catalunya prepara un acto simbólico para o mesmo día 25 de xullo ás 16 horas nas escaleiras de acceso ao Festigal e outras actividades para o 11 de setembro e os días previos ao referendo do 1 de outubro.
Esta Plataforma xa realizou varios actos de solidariedade estes últimos anos coincidindo coa Festa Nacional de Catalunya. A súa intención é visibilizar o apoio internacionalista do nacionalismo e independentismo galego nestes días para co pobo catalán.