O movemento feminista de Lugo condena a anulación do primeiro gran xuízo do caso Carioca que investiga unha das maiores redes de proxenetismo de todo o Estado. O caso iniciouse a finais de 2008 despois de crearse múltiples pezas e investigacións baixo as ordes da xuíza Pilar de Lara, recentemente destituída.
O primeiro gran xuízo deste caso ía ter lugar os pasados días 28 e 29 de maio, pero a Audiencia Provincial de Lugo anulouno en último momento ao considerar que as actuacións estaban prescitas, unha decisión que secundou a propia Fiscalía. A razón argumentada xira arredor dos trámites procesuais: entre a detención do cabo da Garda Civil principal acusado nesta peza, e a seguinte dilixencia con respecto ao delito de omisión do deber do socorro pasaron máis de tres anos.