Home Programas Área Compostela Reacción con humor nas redes sociais ante o despropósito de Agustín Hernández

Reacción con humor nas redes sociais ante o despropósito de Agustín Hernández

0
Reacción con humor nas redes sociais ante o despropósito de Agustín Hernández
Fonte: @javierbalea

A metedura de pata do portavoz do PP, Agustín Hernández, na mañá de onte e cuxas imaxes foron captadas por Nós Televisión provocou unha reacción inmediata nas redes sociais.

O vídeo no que se ve claramente ao líder do PP de Santiago tirando lixo no río Sar provocou numerosos memes e montaxes audiovisuais. Especial éxito tivo o vídeo divulgado por Compostela Aberta coa música de Benny Hill de fondo, mais non foi o único vídeo difundido en chave de humor.

As reaccións, mesmo, chegaron a converter ao portavoz dos populares en Trending Topic. Resumimos unha parte das mellores reaccións.