Home Programas Área Compostela Raxoi tenta “integrar” a cidade histórica co seu “metabolismo territorial”

Raxoi tenta “integrar” a cidade histórica co seu “metabolismo territorial”

0
Raxoi tenta “integrar” a cidade histórica co seu “metabolismo territorial”

Iníciase a rolda de contactos para a confección do Plan de Xestión da Cidade Histórica. O concelleiro de Mobilidade, Jorge Duarte, mantivo este martes un encontro co grupo focal “Habitar a cidade histórica” e o codirector do proxecto, Juan Requejo, para trazar os “grandes retos” que afronta a zona vella de Compostela, entre os que cómpre salientar a “integración” da cidade coa súa contorna.

O seguinte paso na confección deste proxecto será a “posta en común” das conclusións do mesmo nun acto público aberto á cidadanía que se desenvolverá o vindeiro mes. O Concello confía en culminar o proceso de elaboración do Plan de Xestión en maio, cando tamén se fará público o documento modificado do Plan Especial da Cidade Histórica.