Home Programas Área Compostela Raxoi presenta as bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica

Raxoi presenta as bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica

0
Raxoi presenta as bases do Plan de Xestión da Cidade Histórica
SONY DSC

O concelleiro Jorge Duarte e o codirector do Plan, Juan Requejo, explicaron o estado no que se atopa a elaboración do mesmo. No mes de abril celebrarase unha “grande asemblea cidadá” e en maio presentarase o borrador definitivo.

Segundo explicou Requejo, extráense dúas “fortalezas” a partires deste estudo: “Obtemos a certeza de que as grandes fortalezas de Compostela son o seu patrimonio e a proxección internacional da marca Santiago, que ten un valor incalculable, mesmo desde o punto de vista económico”, indicou.