Raxoi prepara unha modificación da relación de postos de traballo municipais

María Rozas “A modificación da relación de postos de traballo no concello será global”

A concelleira delegada de Persoal en Santiago, María Rozas, en relación ás queixas que fixeron públicas algúns traballadores do Concello, asegurou que o Goberno Municipal está a traballar para modificar as relacións de postos de traballo en varias concellarías, un proceso que, segundo asegurou, “leva o seu tempo”.

En relación ás concellarías nas que se comezará a notar estes cambios María Rozas afirmou que serían tres.

Para a edil compostelá a situación no Concello de Santiago, como na que acontece noutros municipios, é unha consecuencia da denominada Lei Montoro que desde hai uns anos reduce as posibilidades dos concellos de poder contratar persoal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -