Raxoi inviste 70.000 euros en melloras no campo de Lamas de Abade

As obras comezarán esta mesma semana

Comezan as obras de renovación do campo de fútbol de Lamas de Abade. O Concello destina unha partida preta ós 70.000 euros para anovar o sistema de iluminación do terreo de xogo, para o que se mudarán os cadros de alumeado que inclúen, alén do cadro xeral do campo, a lavandaría e os vestiarios. A actuación comezará esta mesma semana e terá un prazo de execución máximo de oito semanas, mais dende Raxoi aseguran que só terá que pecharse o campo durante unha semana.

Unha actuación “moi avanzada”

Así e todo, a concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta do estado das obras no pavillón de Monte dos Postes, cuxa reforma atópase “moi avanzada” malia as “deficiencias” que obrigaron a atrasar as datas previstas. Porén, segundo anunciou a concelleira, a actuación rematará a vindeira semana.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -