Home Programas Área Compostela Raxoi facilitaralle o transporte ás persoas con dificultades de mobilidade

Raxoi facilitaralle o transporte ás persoas con dificultades de mobilidade

1

Por primeira vez o concello de Santiago contará cunha axuda económica para facilitar o acceso ao transporte ás persoas con dificultades de mobilidade. Anunciouno hoxe en rolda de prensa no Pazo de Raxoi a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández. Na presentación aos medios desta iniciativa tamén participou a traballadora social Ana Ares que explicou as condicións para acceder a estas achegas municipais.

obxectivo é avanzar na autonomía das persoas con dificultades na súa mobilidade e desenvolvemento diario

Trátase dunha acción consensuada con colectivos implicados como Radiotaxi e Cogami

O bonotaxi que agora comeza a súa andaina forma parte dunha das iniciativas aprobadas en Pleno.

As bases aparecerán no BOP da Coruña, previsiblemente a partir do día 15 de setembro, e as persoas interesadas poden solicitalo dentro dos trinta días habiles posteriores.

Os requisitos

Nesas axudas cómpre ten en conta os seguintes requisitos: estar empadroado/a cun ano de antigüidade antes da solicitude; ser maior de tres anos; recoñecemento legal dunha discapacidade que afecte gravemente á mobilidade; non ter vehículo propio adaptado; non ser beneficiario/a do transporte adaptado 065 da Xunta ou doutra axuda polo mesmo concepto, e non dispor de ingresos per cápita superiores a 16.135,20 €/ano.

Máis información sobre as axudas