Raxoi esíxelle flexibilidade á Xunta para garantir a música ao vivo nos establecementos da cidade

O Concello de Santiago ven de remitirlle á Vicepresidencia da Xunta un escrito no que achega as súas suxestións de cara á elaboración do Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas que o Goberno Galego debe actualizar ao abeiro da nova Lei de Espectáculos que entrará en vigor o dous de xullo

O vindeiro 2 de xullo entrará en vigor a Lei de Espectáculos de Galicia, aprobada en solitario polo PP, que prohibe as actuacións ao vivo en discotecas, karaokes e calquera outro local de ocio.  Esta medida conta cunha forte oposición do sector hostaleiro da cidade e do propio Goberno local.

A Concelleira de Acción Cultural de Santiago vén de remitirlle á Xunta de Galicia un escrito no que se solicita a “flexibilidade” nas categorías do catálogo de establecementos para garantir, entre cousas cousas, que as entidades locais teñan marxe para adaptar as “singulares características do municipio”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

as actuacións de música en vivo son un elemento cultural de primeira orde

O Goberno local lembra que “a Xunta leva 13 anos sen realizar ningunha actualización no catálogo a pesar de que son notorios os múltiples cambios que se rexistran no sector tanto desde o punto de vista dos medios técnicos e tecnolóxicos como dos usos sociais”, e cando o Decreto polo que se creou o catálogo establecía a previsión de adaptalo con periodicidade anual.

[Arquivo] Martiño Noriega: “A música ao vivo é un sinal de identidade desta cidade”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -