Raxoi controlará directamente o cobro dos recibos da auga, saneamento e lixo

O Concello de Santiago controlará directamente, a partir de agora, a xestión do cobro municipal da taxa da auga, saneamento e lixo. Anunciouno na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno o seu secretario Xan Duro logo de que fose aprobada a proposta a petición da concelleira delegada de Economía e Facenda, María Rozas. A medida está relacionada cun informe do Tribunal de Contas que data do ano 2005.

- Publicidade -

Xan Duro informou que o Concello pasará a ter o control destes recibos para o seu cobro


Logo deste acordo adoptado hoxe en Xunta de Goberno, o Concello tamén pasará a encargarase do cobro recibos daqueles que se atopen xa na vía executiva e para os que teñan transcorrido 18 meses dende o remate do período voluntario de cobro.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego