O Concello de Santiago conmemorou o 68 aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos coa lectura da mesma realizada polo alumnado dos centros CEIP Raíña Fabiola e López Ferreiro, e do Colexio Nosa Señora dos Remedios. Abriu o acto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
Varias alumnas e alumnos destes centros de ensino fixeron quendas para ler a Declaración.
O acto estivo amenizado por dous profesores da Escola Municipal de Música, Loida Díaz e Guillermo Alzugaray.