Logo de adxudicarse este luns a xestión do Programa de Conciliación Familiar de verán e unha vez definidos os prezos do servizo, o Concello de Santiago anuncia que tódalas familias que realizaron a preinscrición e cumpren os “requisitos” terán unha praza garantida. Asemade, Raxoi abre a convocatoria a novas solicitudes para cubrir as prazas vacantes.
O Programa Municipal de Conciliación “Escolas de Verán 2018” desenvolverase finalmente no CEIP Monte dos Postes, e non no centro de Fontiñas como estaba inicialmente previsto. O programa desenvolverase os días 22, 25, 26, 27, 28 e 29 de xuño, do 2 ao 31 de xullo e 3, 4, 5, 6 e 7 de setembro; agás sábados, domingos e festivos.
Reserva de praza
Para facer efectiva a reserva de praza, as familias inscritas deberán realizar o ingreso na conta habilitada polo Concello en Abanca, co número ES89 2080 0388 2031 1000 2662, de acordo coas modalidades solicitadas no momento da matrícula. Unha vez realizado o pagamento debe enviarse o xustificante por correo electrónico a reservaseducacion@santiagodecompostela.gal antes das 14:00 horas do venres 22 de xuño