Desta vai. Jorge Duarte, Concelleiro de Espazos Cidadáns, anunciou na mañá de hoxe que a Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou iniciar a posta en marcha da primeira fase da peonalización da Rúa de San Pedro. O Concello quere “recuperar o espazo público para os cidadáns”
Desde o vindeiro mes de xullo, só poderán circular pola Rúa de San Pedro os vehículos con tarxeta de residentes da zona 3 e haberá unha imporante reducción das liñas de autobús que pasan por esta rúa.