Ramón Grosfoguel, en Pontevedra: a mirada da humanidade excluída

Este acto, foi organizado pola Aula Castelao de Filosofía coa colaboración do Concello de Pontevedra, tivo lugar o 19 de xullo no Pazo de Mugartegui en Pontevedra.

No 35 aniversario da Semana Galega de Filosofía, desde a Aula Castelao, quixeron organizar un encontro co profesor Ramón Grosfoguel, membro do grupo modernidade/colonialidade que representa a actualización da tradición de pensamento que tenta incorporar a visión dos colectivos habitualmente excluídos da historia do pensamento. Tratan de botar luz sobre aquelas achegas que minusvaloramos ou ignoramos por proceder dos grupos sociais oprimidos, vencidos ou simplemente alleos aos focos de poder mundial.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -