Home Programas Espazo Aberto Ramón Grosfoguel: “A historia patética do ‘beirismo’ deixa unha gran lección para o soberanismo”

Ramón Grosfoguel: “A historia patética do ‘beirismo’ deixa unha gran lección para o soberanismo”

0
Ramón Grosfoguel: “A historia patética do ‘beirismo’ deixa unha gran lección para o soberanismo”

“Os fascistas son os bombeiros do capitalismo”, indica Ramón Grosfoguel. O sociólogo explica que o sistema capitalista cando se ve nunha situación de crise decide apoiar ao fascismo como un xeito de poñer orde e canalizar o desconcento das clases traballadoras brancas occidentais contra un chivo expiatorio que adoitan ser as persoas racializadas.

Nesta entrevista, Grosfoguel aborda tamén a decadencia do imperio estadounidense e do fracaso do proxecto político liderado no seu momento por Xosé Manuel Beiras. “A esquerda españolista é dereita nos territorios das nacións sen Estado”, salienta á vez que explica ante as cámaras de Nós Televisión que significa para el ‘o beirismo’, os erros que lle ve a este proxecto político e o futuro do soberanismo galego. “Ao pechar o ciclo beirista, ábrese un ciclo soberanista”, indica e fai fincapé en que “pode ser unha oportunidade” se se “traballa sen sectarismo”. Por último, Grofoguel ofrece o seu analise sobre as eleccións galegas que terán lugar neste 2020.

Quen é Ramón Grosfoguel?

O sociólogo, nado en Puerto Rico, converteuse nun intelectual referente á hora de falar da corrente decolonial e independencia nacional dos séculos XIX e XX. O autor propón un “xiro decolonial” que corrixa as deformacións universalistas e ahistóricas do eurocentrismo e a modernidade ás que considera en “crise terminal”.