Home Programas Espazo Aberto Quinteiro rexeita a consulta e non dimitirá

Quinteiro rexeita a consulta e non dimitirá

0
Quinteiro rexeita a consulta e non dimitirá

Finalmente, a consulta sobre a continuidade de Paula Quinteiro decantouse cun claro 85% de votos favorábeis á súa dimisión. Porén, máis do 60% da militancia de En Marea optou pola abstención, un feito que a deputada interpreta como “apoio” das bases á súa continuidade. A baixa participación supón, para a representante da corrente Anticapitalistas de Podemos, a “desacreditación” dun proceso “sen garantías” que a coordinadora do partido debería ver como un “fracaso”.

A coordinadora de En Marea debería interpretar a consulta como un fracaso

A deputada lamenta que este proceso obtivese un “bombardeo mediático” moito maior que outros procedementos participativos de En Marea. Asemade, Quinteiro insiste en que se trata dunha consulta “ilexítima” cunha pregunta “moi tendenciosa”. Paula Quinteiro asegura que non dimitirá porque non incumpriu o “código ético” do partido e, polo tanto, a súa saída sería unha “vitoria do PP” construída en base a unha “mentira”.

Por outra banda, as vicevoceiras da coordinadora Ana Seijas e Victoria Esteban instaron hoxe a Quinteiro a “analizar” os resultados dunha consulta que pide a súa dimisión “de forma contundente”. Está por ver cal será a reacción do líder da formación no Parlamento, Luís Villares, quen defendeu a celebración desta consulta alegando que “as bases nunca se equivocan”.