Conversamos con Antón Gómez-Reino, candidato a Secretaría Xeral de Podemos Galicia@AntonGomezReino: "A aposta polo espazo e as alcaldías do cambio ten que ser firme e contundente" pic.twitter.com/a7YwPPG5GX
— Nós Televisión (@NosTelevision) September 27, 2018
Podemos Galicia está en pleno proceso de primarias. Antón Gomez-Reino é, polo de agora, o único candidato que se presentou á súa secretaria xeral cunha proposta “de unidade” para facilitar “un espazo de cambio forte”.
O actual voceiro de En Marea no Congreso dos Deputados en Madrid afirma “apoiar” ás “alcaldías do cambio” dun xeito “contundente”. Ademais aposta polo “consenso” entre as diferentes sensibilidades que hai hoxe en Podemos Galicia.
As votacións telemáticas terán lugar entre o 18 e o 28 de outubro e os resultados coñeceranse días máis tarde.