Home Programas Espazo Aberto Queres probar o fútbol gaélico? Adestramentos abertos por todo o país

Queres probar o fútbol gaélico? Adestramentos abertos por todo o país

0
Queres probar o fútbol gaélico? Adestramentos abertos por todo o país
Imaxe: Nams82

Os resultados nos mundiais e as dúas ligas galegas fan de Galicia unha potencia mundial en futbol gaélico, mais detrás dos éxitos hai un tecido social que transcende o deportivo.

Tanto é así, que podes atopar adestramentos abertos por toda a xeografía galega, con terceiro tempo e algún que outro xantar popular.

– Compostela: Luns e mércores ás 21h. Adestramento aberto no Campo das Cancelas co Estrela Vermelha, campión da última Liga Masculina e subcampión da feminina na última tempada.

– A Coruña: adestramentos abertos do Filhos de Breogán no Campo Fernández Alonso con terceiro tempo. Máis información no seu Facebook.

– A Estrada: Martes e Xoves 27 e 29 ás 21h no Manuel Regueiro.

– Gondomar: martes e xoves as 20:00h, co Turonia GFG.

– Illa de Arousa: O Dorna FG fixo un adestramento-exhibición na praia de Compostela. Durante o ano, seguirán facendo adestramentos na Illa os martes e xoves ás 21h.

– Lalín: Adestramentos abertos e de todos os niveis. Luns 26 ás 21h (masculino) e martes ás 21h (feminino).

– Moaña: o mércores 21 de agosto o equipo do Morrazo comezou os adestramentos. Máis info aquí.

– Mondariz: martes e xoves ás 20:15. O Condado da Liga Gallaecia arrinca os adestramentos no Campo de Valiño.

– Lugo/Nadela: O Torques de Lugoslavia adestra en Nadela os martes e xoves ás 21h. Calquera persoa pode acudir a iniciarse.

– Ourense: O Auriense e as Afiadoras tiveron o primeiro adestramento o xoves 22 no Anexo de Oira. Non teñen datas concretas, pero como din no seu Facebook, toda persoa é benvida a probar e seguirán facendo adestramentos abertos.

– Pontedeume: o domingo 25 de agosto: Xornada de iniciación con xantar popular “xusto despois da misa” e adestramento aberto para nenos (16h) e tamén para adultos (18h). Organizado por Fusquenlha, equipo eumés da Liga Gallaecia.

– Vigo: Todos os mércores a partir do 4 de setembro co Keltoi Vigo. De 21 a 23 horas no campo da Etea.

Se aínda así non é suficiente, tes máis información en info@gaelicogalego.gal (Asociación Galega de Fútbol Gaélico) ou no Facebook da Liga Gallaecia.