📺 VÍDEO | Los manifestantes reciben al grito de "fuera" la sentencia de #LaManada https://t.co/lm3b3oc954 pic.twitter.com/TlvwwdA3GK
— elDiario.es (@eldiarioes) April 26, 2018
“Se nos tocan a unha, respostamos todas”. O feminismo galego convoca hoxe mobilizacións en todo o país ante a sentenza que se vén de coñecer contra os acusados da Manada.
A sentenza, que desbota o delito de violación e que fica moi lonxe de ser exemplarizante, marca un duro precedente xurídico. O Tribunal de Navarra non ve delito por violación e si por abuso sexual o que deixa a pena máxima en 9 anos. A mellor das resolucións para os acusados despois da absolución. As primeira resposta por parte do feminismo é de completa raiba tras coñecerse a sentenza ao negar a xustiza a violación.
A xustiza española non nos protexe
A Audiencia Provincial de Navarra condena, deste xeito, a 9 años de prisión por abuso sexual aos cinco homes denunciados por violación en grupo a unha moza durante os Sanfermins. O fallo afirma que non houbo nin intimidación nin violencia.
As manifestantes piden xustiza
? Las manifestantes después de la lectura de la sentencia de #LaManada: “Queremos justicia” https://t.co/5tSc7B0e9r pic.twitter.com/LZsjLfOzoy
— eldiario.es (@eldiarioes) 26 de abril de 2018