Home Programas Área Compostela “Queremos rematar o traballo iniciado hai tres anos e por min non vai quedar”

“Queremos rematar o traballo iniciado hai tres anos e por min non vai quedar”

0
“Queremos rematar o traballo iniciado hai tres anos e por min non vai quedar”

Martiño Noriega explicou hoxe na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno as razóns que o levaron a decidir presentarse como candidato para as vindeiras eleccións municipais. Logo de varios meses nos que parte dos medios de comunicación non deixaron de preguntarlle por este tema, Noriega quixo dar este paso “para centrarse no traballo do concello” e impedir “unha precampaña eterna que non quere a xente”.

Noriega explica as razóns para presentarse á reelección en Compostela

O alcalde comentou que tivo moito que ver nesta decisión poñer sobre a balanza motivos da súa propia vida electoral e rematar co proxecto comezado no 2015 cando accedeu a Raxoi.

O equipo

En relación a se repetirán os actuais concelleiros e concelleiras no seu equipo sinalou que quere “dar tempo” a que tamén maduren a súa decisión. “A miña vontade é de que haxa continuidade”, aclarou, “penso ser pesado para que continúen”, engadiu.

En todo caso agora deberá pasar un novo proceso interno de primarias en Compostela Aberta para saber se será a súa candidatura a que se presentará en maio de 2019 ás vindeiras eleccións municipais ao Concello de Santiago.