Home Programas Espazo Aberto “Queremos que a Educación Social teña voz nestas eleccións”

“Queremos que a Educación Social teña voz nestas eleccións”

0
“Queremos que a Educación Social teña voz nestas eleccións”

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) inicia unha campaña de recollida de reivindicacións e valoracións das súas colexiadas para elaborar un documento que, posteriormente, entregarán aos partidos que se presentan ás eleccións galegas este 5 de abril.

Unha das demandas é a inclusión da categoría profesional de educadora social na Xunta

Queremos que a Educación Social teña voz nestas eleccións“, destaca a secretaria do Ceesg, Rocío Núñez, que chama á participación. “Aquí teñen que figurar cuestións que son esenciais sobre as que xa estamos traballando como é a inclusión da categoría profesional de educadora e educador social na Xunta”, explica. Precisamente sobre isto, Núñez informa de que non admitiron a trámite o recurso que presentaron ante a Oferta de Emprego Público do Goberno galego. Así e todo, insisten en que “hai vías de facer as cousas ben” e que non cesarán a loita “ata conseguir unha solución”.

Por último, Rocío Núñez aproveitou a ocasión para lembrar que o venres 28 de febreiro celebrarán unha asemblea xeral ordinaria no Pazo de Mariñán, situado en Bergondo. Ao mesmo tempo, o 16 de abril iniciarase en Zaragoza o VIII Congreso de Educación Social ao que chama a asistir.