A mocidade ábrese paso na política. Vintecatro alumnas e alumnos do CEIP Pío XII e o CEIP Fontiñas propoñen no pleno municipal un conxunto de medidas para combater o cambio climático dende a cidadanía.
Precisamos da vosa axuda para mellorar o medio ambiente
O estudantado destes dous centros suxire optimizar o gasto de luz, reciclar os materiais empregados nas aulas ou reutilizar os residuos das merendas para facer compostaxe que sirva de abono para árbores e plantas.
Queremos un planeta mellor
O pleno, ao que asistiron representantes de todas as formacións políticas, celebrouse con motivo do Día Mundial da Infancia. Logo dunha votación simbólica na que se aprobou o programa de medidas de xeito unánime, o alcalde valorou as propostas das alumnas e alumnos, así como a súa involucración na defensa do medio ambiente.
O alumnado pediu ao Concello que colabore coa súa causa e traballe a prol dunha cidade máis verde, agradable e eficiente.