Queremos Galego reivindica vivir “en galego sen límites”

Crónica da manifestación de Queremos Galego neste 17 de maio, Día das Letras galegas

A Plataforma cidadá “Queremos galego” reivindicou hoxe en Santiago, co lema “en galego sen límites”, o uso normalizado da nosa lingua. A manifestación comezou na Alameda compostelá ás 12 horas e á cita acudiron tamén algunhas formacións políticas como En Marea, o BNG, o PSdeG e Causa Galiza. O presidente da Mesa e portavoz de Queremos Galego, Marcos Maceira, explicou aos medios o obxectivo da protesta.

Na manifestación de “Queremos galego” en Compostela tamén participaron representantes de varias institucións como a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega e o concelleiro de Normalización Lingüística do concello de Pontevedra, Alberto Oubiña.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Varios colectivos relacionados co ensino tamén participaron na manifestación. Nós Televisión falou con Fernando Lacacio, vicepresidente da Confederación de ANPAS galegas, e Vero Rilo da Escola en Galego Semente.

O acto final rematou na Praza da Quintana onde a actriz Isabel Risco presentou aos regueifeiros Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira, a actuación de Belem Tajes, os Gaiteiros AntiLomce e a intervención de varias persoas de ámbitos diversos que explicaron a situación do galego nas súas profesións. O voceiro de Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, pechou cun discurso no que denunciou que “a lingua galega non é un complemento senón que se trata dunha necesidade para o pobo galego”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -