Home Programas Espazo Aberto Queremos Galego quenta motores para as mobilizacións do 17 de maio

Queremos Galego quenta motores para as mobilizacións do 17 de maio

0
Queremos Galego quenta motores para as mobilizacións do 17 de maio
Manifestación. Estreleiras.

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 700 entidades, organizou para o vindeiro 17 de maio, Día das Letras, unha ducia de mobilizacións nas principais cidades e vilas do país para esixir “liberdade, igualdade e xustiza para o galego”. Baixo o lema “Máis que nunca, Queremos Galego”, o colectivo quere recordar a importancia que os servizos municiais de normalización lingüística, as empresas concesionaras ou a formación do funcionariado seguen a ter para a defensa da lingua en todas as comarcas, en todos os concellos.

Mobilizacións

A cita é ás 12h do mediodía na Alameda de Santiago de Compostela, na praza de Galiza da Coruña, na praza Maior de Lugo, na praza do Ferro de Ourense, na praza da Peregrina de Pontevedra, no cruzamento da Vía Norte coa rúa Urzáiz de Vigo, na praza Vella de Ferrol, na praza do Concello de Carballo, na praza da Mariña de Burela, na praza de España de Monforte, na praza do Mercado da Estrada e praza da Igrexa de Lalín.

10 anos de Queremos Galego

A plataforma cidadá celebra o seu décimo aniversario publicando un vídeo no que recorda que foi, precisamente, en 2009 cando se produciu a primeira e única manifestación en contra do galego e mais cando o goberno da Xunta comezou a lexislar contra o galego. A sociedade galega respostou cunha manifestación na que participaron 100.000 persoas, a maior mobilización a favor dunha lingua en Europa.