A Plataforma Queremos Galego presentou hoxe en Pontevedra a manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro 17 de maio. A Casa das Campás acolleu o acto diante os medios no que participaron Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística e responsable de organización de Galiza Nova, Sabela Bará, voceira de Queremos Galego, Xacobe Rodríguez, responsable da CIG-Ensino e Demetrio Gómez, responsable comarcal do BNG. Sabela Bará explicou o motivo do lema desta edición.
A organización de Queremos Galego pon a disposición de quen queira asistir á manifestación varios autocares para o que deben solicitar praza no teléfono da CIG-Ensino 986 852 950, no do BNG, 986 866 205 ou ben no enderezo electrónico queremosgalegopontevedra@gmail.com
A política lingüística no Concello de Pontevedra
Alberto Oubiña, concelleiro de Normalización Lingüística en Pontevedra, explicou diante das cámaras de Nós Televisión as actuacións realizadas polo seu departamento para colaborar co aumento da presenza da lingua galega na cidade
Quixemos conversar hoxe con @aOubinha, concelleiro de @Pontevedrate, sobre as políticas de normalización lingüística neste concello pic.twitter.com/woXQ1il9RM
— Nós Televisión (@NosTelevision) 09 maio 2017