Home Programas Espazo Aberto Queremos Galego chama á manifestación do 17M pola “liberdade do galego”

Queremos Galego chama á manifestación do 17M pola “liberdade do galego”

0
Queremos Galego chama á manifestación do 17M pola “liberdade do galego”

O voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira, chama á mobilización de todos e todas para o vindeiro 17 de maio tanto en vilas coma en cidades. Maceira recoñece que a situación na que se atopa actualmente o galego é crítica pero asegura que non é irreversible.

O cartaz da convocatoria deseñado por debuxante Luis Davila ten por lema “Máis que nunca, Queremos Galego”. Con esa mensaxe pretenden conseguir que a xente saia á rúa para esixir liberdade, igualdade e xustiza. Uns dereitos que, segundo di Maceira, non están gañados se non hai liberdade de uso da lingua.