A plataforma cidadá Queremos Galego convoca á cidadanía galega nas sete cidades galegas para responder á situación de emerxencia lingüística e para “esixir que a Xunta e o Estado cumpran coas demandas do Consello de Europa”.
As mobilizacións serán simultáneas, o xoves 19 ás 20h e terán como lema ‘Emerxencia lingüística. Precisamos do galego’.
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística, xa advertían do incumprimento da Xunta ante as reivindicacións do Consello de Europa e dos colectivos sociais pola lingua. Ademais, xa en outubro, o presidente da Mesa amosaba a súa preocupación polos últimos datos do IGE.