Home Programas Espazo Aberto “Queremos abrir a Rapa das Bestas a todas as persoas que visiten Galicia”

“Queremos abrir a Rapa das Bestas a todas as persoas que visiten Galicia”

0
“Queremos abrir a Rapa das Bestas a todas as persoas que visiten Galicia”

Chega o mes do xullo e con el a Rapa das Bestas de Sabucedo, Festa de Interese Turístico Internacional, na que os veciños desta parroquia estradense celebraran os famosos curros para rapar, desparasitar e colocarlle o microchip aos novos poldros. Uns días nos que se fai visible o traballo de todo o ano para poder manter estes animais no seu hábitat natural.

A Rapa: Unha Festa de interese turístico internacional

A rapa das bestas comeza rememorando o vínculo ancestral das bestas co divino. Durante a misa da alborada pídeselle protección a san Lourenzo para os animais e as persoas que participan na festa.A continuación súbese ao monte na procura dos cabalos. Veciños e visitantes colaboran en grupos xuntando as greas. Finalmente, o sábado, condúcense nun grande cerco á aldea. A parte máis espectacular da festa é o curro, onde aloitadores e cabalos confrontan técnica e forza corpo a corpo nunha loita para dominar o animal e cortarlle as crinas.

O curro

Dentro dos traballos que se realizan dentro do Curro ten especial importancia as tarefas de desparasitación interna dos animais, mellorando as condicións hixiénico-sanitarias das bestas.

Separación dos poldros. A “aloitar” apréndese dende novo posto que son os rapaces quen inician o curro collendo os poldriños para separalos e que así non se fagan dano nas diferentes tarefas. O rapaz pequeno “iníciase” simbólicamente na xuventude ou madurez, guiado e dirixido polos xa iniciados. Deste xeito o rapaz queda admitido simbólicamente no grupo dos que van ter parte activa na dominación dos cabalos salvaxes nun futuro, como recolleitadores dunha tradición.