O BNG arrancou ante o CHUS unha campaña informativa e de apoio á sanidade pública na que urxe a unha rectificación da década de recortes e privatizacións do Goberno de Alberto Núñez Feijóo, ao tempo que realizou un chamamento para participar de xeito masivo na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

 

Coa porta de entrada ao sistema sen medios suficientes, a consecuencia inmediata é o colapso do servizo de urxencias nos centros hospitalarios de todo o país, desde o CHUAC, Montecelo, Hospital do Salnés ou o propio CHUS, “no que volvemos ver o espectáculo dos e das doentes amoreadas nos corredores en cadeiras e padiolas, onde son atendidos sen a debida intimidade nin confidencialidade”, criticou Prado.

No caso concreto do hospital de Compostela a situación de saturación prodúcese despois de ter pechado 30 camas no centro Gil Casares, “colapsando urxencias e o servizo de medicina interna que, con 72 camas, a información que temos é que hai 116 persoas e outras esperando para poder ingresar”. “Os recortes teñen consecuencias”, conclúe Prado, reiterando o chamamento a participar na manifestación.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -