Home Programas Espazo Aberto Quen se vai facer cargo das traballadoras das Pontes cando a planta de Endesa peche?

Quen se vai facer cargo das traballadoras das Pontes cando a planta de Endesa peche?

0
Quen se vai facer cargo das traballadoras das Pontes cando a planta de Endesa peche?

A crise enerxética asolaga á principal central térmica de carbón do estado español e a principal fonte de ingresos dos 10.000 habitantes do concello na que se ubica, a central de Endesa situado no municipio coruñés das Pontes.

Máis dun cento de transportistas alzaron a voz cando xa non tiñan carbón que transportar á central. Foron os primeiros en sufrir as consecuencias dun peche inmediato para o que ninguén preparara alternativas pese saber, tanto o Concello como a Xunta, que este día ía chegar. Prevíase que o peche se daría na próxima década pero, finalmente, a data foi adiantada pola eléctrica que, baixo o control da italiana Enel, alega que o alto prezo dos dereitos de emisión de CO2 a fan inviable.

O peche da planta de Endesa trátase dunha das reivindicacións ecoloxistas máis vellas polo custe medioambiental que supón a central. A plataforma ‘Galiza, un futuro sen carbón’ solicitoulle en varias ocasións tanto á Xunta como ao Goberno estatal que garantisen o peche da central de carbón das Pontes colocando como data o ano 2025. Para iso, tal e como indicaban as ecoloxistas, debían de chegar a acordos cos axentes sociais para establecer un Convenio de Transición Xusta, unha figura prevista no Marco Estratéxico estatal de Enerxía e Clima.

O concello das Pontes vive este mércores, 16 de outubro, unha xornada de folga en defensa do seu motor económico. Mentres, na central térmica agardan pola visita do equipo técnico do Instituto da Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) para determinar se hai algunha posibilidade de que a maior planta de produción eléctrica do estado non bote definitivamente o peche.