Home Programas Área Compostela “Quen se ofende polo pregón non entende o Entroido”

“Quen se ofende polo pregón non entende o Entroido”

0
“Quen se ofende polo pregón non entende o Entroido”

A polémica sobre o pregón do Entroido segue latente en Compostela. Moita xente pronunciouse nas últimas datas a favor ou en contra do discurso ideado polo humorista Carlos Santiago. Algúns sectores da Igrexa católica aseguran sentirse ofendidos e critican duramente unha actuación que copou moitos titulares na prensa estatal. Na cidade hai quen comparte esta visión.

Porén, existe tamén un amplo respaldo ao pregoeiro galego. Son moitas as voces que pulan pola liberdade de expresión e consideran que as verbas do popular cómico hai que enmarcalas dentro do contexto do Entroido, como o propio Carlos Santiago dixera após recibir numerosas críticas.

A cidadanía opina: “O Entroido é sátira e humor”

O que queda patente é que a meirande parte da cidadanía compostelá opta por quitar ferro ao asunto e centrarse noutros aspectos “moito máis importantes” do día a día. A fin de contas, o Entroido é unha festa caracterizada pola sátira e o humor e, quen non comprenda iso, “non sabe de que vai o Entroido”.