Quen é Flora Miranda, a nova deputada no Parlamento Galego?

Integrante de Compostela Aberta, Flora Miranda ocupará un escano no Parlamento Galego no seo do grupo de En Marea

Flora Miranda (Cariño, 1975), procedente de Compostela Aberta, vén de tomar posesión do seu escano no Parlamento Galego en substitución de Magdalena Barahona no Grupo Parlamentario de En Marea na sesión plenaria ordinaria desta mesma mañá.

Miranda reside en Compostela desde 1.993 e é médica de familia. Fontes de En Marea resaltan que é integrante do Comité de Ética Asistencial da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago e referente de Coidados Paliativos en Atención Primaria así como participa activamente da plataforma en Defensa da Sanidade Pública.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
Flora Miranda tomou posesión esta mañá como Deputada do Parlamento Galego

Destaca tamén a súa participación previa no movemento estudantil (CAF), no Movemento Cidadán Galego AntiSida e na Asociación Galega de Anticoncepción e Sexualidade. Formou parte da candidatura municipal de Compostela Aberta no ano 2.015

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -