Algúns establecementos denuncian a súa situación abertamente, con inspeccións e sancións que, aseguran, son desproporcionadas. É o caso do bar Gramola, na céntrica Praza de Cervantes, que tivo que pechar varios días par realizar unha serie de modificacións esixidas polos técnicos municipais.
Na mesma zona atopamos o bar La Flor. A súa propietaria, Sandra, ten unha opini´´on formada do que está a acontecer aínda que non traballa en horario nocturno.
O concello de Santiago xa mantivo días atrás varias reunións co sector para avaliar a situación e buscar solucións. A propia asociación de Hostelería Compostela mantén no día de hoxe, 24 de novembro, unha reunión co conxunto do tecido asociativo da cidade para dar contados adiantos que se fixeron e procurar recoller novas propostas.