“Primeiro Portomarín/ logo Castrelo de Miño/ despois tocoulle as Encrobas/ sufrir parello destiño”, escribíu Manuel María. O movemento nacional popular galego iríase conformando na loita contra a construción do encoro de Castrelo de Miño que remataría por expulsar aos labregos e labregas das súas terras a finais dos anos sesenta. “Pouco a pouco o nacionalismo comezou a entrar no cultural, no agrario, nos barrios…”, explica Elvira Souto que protagonizará o próximo programa de Retrincos que se emitirá en Nós Televisión a finais deste mes de xullo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -