Home Programas Espazo Aberto “Que vai facer Augas de Galicia ante o trasvase de augas contaminadas na mina de Touro?”

“Que vai facer Augas de Galicia ante o trasvase de augas contaminadas na mina de Touro?”

0
“Que vai facer Augas de Galicia ante o trasvase de augas contaminadas na mina de Touro?”

Non é a primeira vez que a mina de Touro ou Explotaciones Gallegas entran nunha orde do día parlamentaria. Pero si constituía un momento de importancia xa que nos últimos meses os golpes ao proxecto mineiro non cesaron. O último en suceder foi a apertura dun expediente sancionador a Explotaciones Gallegas por parte de Augas de Galicia por obras non autorizadas nun río de Touro. Por iso, a atención recaía sobre a pregunta que o BNG levaba á Comisión parlamentaria: que vai pasar cos ríos Pucheiras e Brandelos onde Adega detectou hai tempo altos niveis de contaminacióne e que medidas vai tomar Augas de Galicia ante o bombeo de augas dunha cunca a outra sen depuración previa. A presidenta de Aguas de Galicia, Teresa Gutiérrez, esquivou a resposta ante as críticas do deputado Xosé Luís Rivas, ‘Mini’.