A eurodeputada galega Lídia Senra quere impulsar o debate na Galiza para definir a futura Política Agraria Común (PAC).
É moi importante iniciar o debate porque é necesario concretar o que queremos para o sector agrario e gandeiro galego e empezar xa para defendelo, sen esperar a que chegue o momento no que veña xa definido pola UE e non teña marcha atrás
No debate interveñen o concelleiro de LugoNovo Víctor Álvarez Arias, a economista Ana Rodríguez, o membro da Executiva do Sindicato Labrego Galego (SLG) Pepe Ramón, e a propia Lídia Senra.