A candidata proposta polo PSdeG, María Xosé Porteiro, xa é a nova adxunta á Valedora do Pobo. Designouse esta mañá nunha Comisión no Parlamento de Galicia na que tanto o BNG, coma En Marea e o Grupo Mixto denunciaron que existe un pacto entre o PP e o PSdeG para satisfacer os seus propios intereses. Isto é o que lle piden á nova adxunta da Valedora do Pobo.
Na mesma sesión plenaria na que Porteiro quedou designada como a nova adxunta á Valedora, os socialistas e populares protagonizaron un novo tira-puxa sobre a existencia dun pacto para sacar adianto estes nomeamentos.