A Plataforma Casalonga Limpa de Residuos organizou un debate para abordar como a xestión dos residuos e o problema da canteira na Casalonga. Dúas foron as preguntas formuladas pola moderadora Ana Conde, xornalista e directora do TeoVivo: “Cal é a situación actual da canteira da Casalonga?” e “Que farías ti se foses alcalde ou alcandesa sobre este tema, tanto en materia de lexislación municipal como de vixiancia?”.
O encargado en abrir o evento foi o BNG con Manuel Anxo Fernández, a continuación PSOE con Uxía Lemus, Son de Teo co actual alcalde Rafa Sixto, PP con José Manuel Guerra, Equo con Marco Antonio Esteban e finalmente Compromiso por Galicia con Xabier Pintos. O BNG, PSOE e Son de Teo coincidiron na necesidade de cambios lexislativos a nivel autonómico e estatal para evitar definitivamente que se engadan 9.000 toneladas de residuos na antiga canteira da Casalonga transformando esta nun vertedoiro encuberto. O candidato do PP acusou ao concello pola lentitude nas súas xestións e valorou a necesidade de cambiar o PXOM. Os candidatos de Compromiso por Galicia e Equo manifestaron o seu rechazo á instalación dun vertedoiro na canteira e valoraron o traballo da plataforma, aspectos nos que coincidiron tamén os outros candidatos.
A xornalista Ana Conde pechou o acto cunha frase que resume o sentir da maioría dos Teenses: “Gane quen gane, se algo quedou claro no último ano en Teo, é que a prioridade debe ser a defensa do medioambiente e do noso rural”.