O Consello de Cultura Galega organizou este martes o as III Xornadas sobre Formas de Violencia de Xénero nas que se abordou a violencia sexual e, en especial, a cultura da violación. En resumidas contas, trátase dun concepto que serve para describir unha sociedade patriarcal na que a violación das mulleres é normalizada e asumida dentro das actitudes e estruturas sociais coas que se desenvolve a vida. Un dos ponentes, experto en violencias de xénero e doutor en Medicina Legal, Miguel Lorente colocaba este sangrante exemplo.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Con estas xornadas, o Consello da Cultura Galega busca promover a igualdade e o combate de todas as violencias dirixidas contra as mulleres tal e como explicaba Paz Filgueira, unha das organizadoras desta xornada.

Paz Filgueira é coñecida por ter sido xuíza nos xulgados de violencia de xénero de Vigo que nos últimos días sufriu un ataque específico contra esta sala. Filgueira, que apenas se quixo pronunciar sobre o asunto por non traballar xa alí, apuntou a que este xulgado tamén ten recibido ataques de día.

 

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -