“Que a protexan!”. Así falaban as persoas que fixeron posible o rescate da virxe de pedra do río Sar

A equipa de Nós Televisión foi ata o lugar onde apareceu a virxe de pedra e conversou co pescador que deu con ela e a Asociación de defensa do patrimonio galego

Despois de tres horas, a virxe de pedra que apareceu no río Sar, e que podería datar do século XIV, foi rescatada e traslada ao Museo das Peregrinacións onde se procederá á súa análise.

A peza pesa sobre uns 300 quilos e perdeu toda a policromía que tiña, ademais de parte do seu rostro. A virxe ten dous anxos laterais e semella que estaba suspendida porque a decoración da base está ben conservada. A veciñanza cre que puido formar parte dunha presa que se derrubou preto do psiquiátrico. Polo de agora, tan só son hipóteses.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego