Home Programas Espazo Aberto “Que a Fundación Franco denuncie ás ’19 de Meirás’ é o mundo ao revés”

“Que a Fundación Franco denuncie ás ’19 de Meirás’ é o mundo ao revés”

0
“Que a Fundación Franco denuncie ás ’19 de Meirás’ é o mundo ao revés”

Reclamar a devolución ao pobo do Pazo de Meirás pode ter graves consecuencias. A Fundación Franco e a familia do ditador piden, para as 19 persoas que “tomaron” o edificio o pasado agosto, cadansúa condena de 13 anos de prisión. Como resposta, a plataforma de afectadas promove un manifesto a prol da absolución que xa asinaron dous millares de persoas de diferentes países.

Néstor Rego non dá crédito a unha denuncia que lles imputa os delitos de odio e vulneración da honra, mais asegura que as súas accións non se deterán até que a familia do ditador devolva os bens espoliados. Asemade, lembra que depende do Goberno central seguir a aplicar a Lei de Memoria Histórica e, entre outras medidas, ilegalizar a Fundación que enaltece o franquismo.

Manifesto de apoio

En poucos días, case 2.000 apoios públicos

Entre as persoas que promoveron o manifesto e as que amosan o seu apoio cómpre salientar figuras artísticas coma Miguel de Lira, Valtònyc, Lluís Llach ou Willy Toledo, e políticas coma as eurodeputadas Ana Miranda (BNG), Izaskun Bilbao (EAJ-PNV) ou Jordi Solé (ERC).