O Partido Popular Europeo gañaría este domingo as eleccións segundo as primeiras estimacións realizadas polo propio Parlamento. Acadaría, previsiblemente, 173 escanos. A Alianza dos Socialistas e Demócratas Europeos acadaría 147 escanos converténdose no segundo grupo con máis forza no hemiciclo.
En canto aos escanos que lle corresponden ao territorio español, a maioría é dos socialistas cunha lista encabezada por Josep Borrell acadando 20 escanos. Deste xeito, entra o galego Nicolás González Casares. O PP leva 12 escanos e causa a entrada ao tamén galego Francisco Villán Mon. A seguinte formación é Ciudadanos con 7, Unidas Podemos 6, Vox 3 e a Agora Repúblicas -candidatura á que pertence o BNG xunto con Bildu e ERC- acada 3 escanos. Aínda que a galega Ana Miranda ocupa a quinta posición, seguramente haxa rotación de quendas ao longo da lexislatura como outros anos. Por outra banda, a lista de Carles Puigdemont acadaría un escano podendo entrar tamén no Parlamento.