O portavoz socialista no concello de Santiago, Paco Reyes, compareceu en rolda de prensa no Pazo de Raxoi xunto con Rafael Vázquez, de UXT, e con Marisol López Sánchez, unha das delegadas sindicais por esta central e traballadora de Valoriza, para denunciar a situación das 59 traballadoras desta empresa encargada da atención domiciliaria a dependentes, con dúas despedidas nestas semanas e nove amenazas.

- Publicidade -

Marisol López deu a coñecer a situación laboral na que se atopan

“Angustia, medo, inseguridade e soldos moi pequenos”

Rafael Vázquez, subdelegado de UXT, explicou a dura situación que teñen estas traballadoras con soldos moi reducidos e con ameazas de despido constantes. Pola outra banda, unha das traballadoras de Valoriza, Marisol López deu a coñecer como viven o seu traballo día a día baixo a presión da precariedade desta empresa española con sede en Madrid.

O voceiro socialista, polo seu lado, instou ao grupo de goberno a tomar cartas no asunto e a esixirlle ás empresa española os informes que xa foran requeridos hai uns meses polo grupo socialistas a raíz doutra denuncia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego