PSOE e PP latan á primeira reunión que reivindica a AP9 para Galiza

- Publicidade -

BNG e EnMarea sós na primeira reunión que reivindica a AP9 para Galiza.
Todos os grupos con representación no Parlamento galego defenden o traspaso á Xunta das competencias sobre a AP9. Ou polo menos iso deron a entender nos seus programas electorais antes do 25 de setembro. Agora, unha vez comezada a nova lexislatura, a unidade non semella ser tal. Hoxe o BNG, de quen partiu a iniciativa que logo sería unha proposición de Lei neste sentido, tiña convocada unha reunión á que non quixeron asistir nin o PP nin o PSdeG.

Para a voceira do Bloque no Parlamento Galego, Ana Pontón, a ausencia de PP e PSOE é un “contrasentido”


Na reunión si participou EnMarea coa presenza do seu portavoz, Luís Villares; que falou diante das cámaras de Nós Televisión. Pola súa parte o PSdeG, a través do vicevoceiro do Grupo Parlamentario Luis Álvarez, afirmou reafirmou que este foro non era “o axeitado“, senón que é a Mesa da Cámara autonómica a que debe articular unha resposta e defender a postura galega. Pola súa parte o PP emitiu un comunicado no que apela a manter a “unidade” en torno á petición de traspaso.