O PSOE de Santiago amosa a súa preocupación pola maleza de Conxo de Arriba

O voceiro municipal socialista en Santiago, Paco Reyes, expresou en rolda de prensa a súa preocupación pola maleza que ocupa varias fincas privadas en Conxo de Arriba e pediu ao goberno local que solucione este problema.

Máis asuntos

Na mesma rolda de prensa Paco Reyes informou que o grupo municipal socialista vén de rexistrar a solicitude de acceso ao escrito presentado por Doal a principios desta semana referente ao contrato da ORA e guindastre e no que, segundo asegurou o voceiro socialista, semella que a empresa renuncia á prestación do servizo e reclama unha indemnización substitoria.

- Publicidade -