O PSOE compostelán urxe ao goberno municipal a poñer en marcha un Plan Estratéxico de comercio local

O grupo municipal socialista urxe o desenvolvemento do plan estratéxico do comercio local 2017-2021 antes do Nadal. O voceiro socialista no Pazo de Raxoi, Paco Reyes, explicou con datos que o concello debería adoptar medidas urxentes para impedir que pechen máis comercios e para favorecer a apertura de novos.

- Publicidade -

Reyes defendeu o comercio de proximidade e os Centros Comerciais Abertos.

Paco Reyes asegurou que este sector ten un grave problema e que as políticas municipais dirixidas ao mesmo no orzamento de 2017 foron inferiores nun 20% ás do último ano de goberno de alcalde socialista e que na liquidación do orzamento de 2016 quedou un 18% sen executar.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego