Home Programas Área Compostela O PSdeG presenta un decálogo de medidas urxentes a prol do rural

O PSdeG presenta un decálogo de medidas urxentes a prol do rural

0
O PSdeG presenta un decálogo de medidas urxentes a prol do rural

O grupo municipal socialista presentará no pleno ordinario do vindeiro 16 de novembro unha moción contra o abandono do medio rural galego e instando ao goberno da Xunta a desenvolver un decálogo de iniciativas dirixidas a potenciar o rural, que en Santiago supón o 20% das altas á Seguridade Social. O voceiro, Paco Reyes, compareceu en rolda de prensa co responsable de Gandería de Unións Agrarias, Javier Iglesias, para presentar o documento, así como anunciar unha gran mobilización para a mañá do sábado 18.