Home Programas Área Compostela O PSdeG pide unha actuación “de emerxencia” nas vivendas de Pontepedriña afectadas polo temporal

O PSdeG pide unha actuación “de emerxencia” nas vivendas de Pontepedriña afectadas polo temporal

0
O PSdeG pide unha actuación “de emerxencia” nas vivendas de Pontepedriña afectadas polo temporal

O voceiro da bancada socialista, Paco Reyes, esixiu trala derruba dunha fachada na rúa Samos que o goberno local actúe sen máis demora no bloque de vivendas de Pontepedriña que presenta un maior deterioro.

Reyes considera que debería actuarse como “situación de emerxencia” dado o “risco inminente” de que se produza un accidente. Por outra banda, o alcalde Martiño Noriega fixo un chamamento á tranquilidade e asegurou que o Concello coñece a situación e está a traballar nunha solución.