O PSdeG esixe responsabilidades penais e políticas ante a vaga de incendios

Leiceaga: “A Xunta viuse desbordada por unha reacción tardía”

Xaquín Fernández Leiceaga, portavoz do PSdeG no Parlamento galego, compareceu en rolda de prensa para explicar a posición do seu partido diante da situación de emerxencia vivida estes días cos incendios. Leiceaga falou de desamparo da cidadanía e dunha Xunta desbordada por unha reacción tardia.

- Publicidade -

Leiceaga tamén amosou a súa solidariedade coas familias das persoas falecidas e pediu, ademais de responsabilidades penais, responsabilidades políticas.

FEIJÓO DEBE COMPARECER NO PARLAMENTO PARA ANALIZAR A VAGA DE LUMES

O voceiro socialista tamén esixiu unha comparecencia extraordinaria do presidente da Xunta no Pleno do Parlamento para dar conta da situación provocada polos lumes desta pasada fin de semana.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego