O PSdeG critica a “defensa contumaz” do PP sobre o Decreto do Plurilingüismo

O voceiro de Educación do Partido dos Socialistas de Galicia, Luís Álvarez, acusa ó goberno de Núñez Feijóo de non preocuparse polo correcto funcionamento do Decreto do Plurilingüismo “ata o punto de non incluír un só indicador sobre a mellora da competencia lingüística”. O Partido Popular vén de rexeitar no Parlamento unha proposición non de Lei para avaliar os resultados dos programas de competencia lingüística.

- Publicidade -

Álvarez calificou o proxecto da Xunta de “estrepitoso fracaso”, xa que, segundo datos oficiais, “no mellor dos casos o ensino en lingua estranxeira fica no 10 por cento”. Polo de agora, só se adheriron ó programa ‘Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020’ o 31% dos centros de Infantil, o 3,4% de secundaria e o 2,7% de Formación Profesional.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego